YOUR NEIGHBORHOOD
INSTITUTION

PARALAIA PUB

O Paralaia é o lugar de referencia en Ortigueira e na comarca do Ortegal para as persoas amantes da música folk e para as namoradas do Festival de Ortigueira. Pasaron xa polo noso escenario bandas coma Os d'Abaixo, Davide Salvado e Pedro Pascual, a Gramola Band, Os Porcoteixos, Böj, VooDoo Feminino Plural e o trío escocés formado polo primeiro mandolinista de Shooglenifty, Iain MaCleod; o gaiteiro da Battlefield Band, Mike Katz; e o noso amigo e guitarrista de Os Porcoteixos, Charles McAuley. O Paralaia é unha aposta de dous irmáns, Javier e María Quintiana, por manter o espírito do Mundo Celta e así convertir Ortigueira na capital da música folk os 365 días do ano. 

 

​MÚSICA AO VIVO

CRAFT BEER TUESDAY

Concertos e foliadas no interior e na terraza. No Paralaia poderás disfrutar de música ao vivo de grupos de música galega, do folk e da world music en xeral. Síntete libre para traer o teu instrumento e arrincarte a tocar! 

 
 
CONTACT US

+34 660 167 349 | info@paralaiapub.es

© 2023 Paralaia Pub - Ortigueira - info@paralaiapub.es